Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 28 de xullo de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se dá publicidade ao acordo polo que se inicia o expediente número 426 de clasificación como veciñal en man común do monte Casas do Porto, na parroquia de Rois do concello de Rois.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 18 de decembro de 2016, acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte cuxas características se indican a seguir:

Expediente: 426.

Monte: Casas do Porto.

Comunidade veciñal: veciños do lugar de Casas do Porto.

Parroquia: Rois.

Concello: Rois.

Superficie total solicitada: 35,85 ha.

Segundo o informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común, do 20 de xuño de 2016, os seus límites e a descrición destes, seguindo os puntos cardinais, é a seguinte:

Norte: propiedades particulares do lugar de Casas do Porto.

Leste: monte veciñal en man común Balouta e Fontecoba (expediente núm. 145).

Sur: monte veciñal en man común Balouta e Fontecoba (expediente núm. 145).

Oeste: monte dos veciños da Chisca.

En virtude do acordado polo xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e nas demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da precitada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente e formular ante este xurado no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

A Coruña, 28 de xullo de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña