Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37281

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1114/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1114/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gabriel Pintor March contra N.C. Hermanos, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Na Coruña o 20 de xullo de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 1114/15, seguidos ante este xulgado por instancia de Gabriel Pintor March, asistido do letrado Hugo Vilaboa López, contra N.C. Hermanos, S.L., que non comparece, e con intervención do Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes:

Deciso que debo estimar e estimo a demanda presentada por Gabriel Pintor March contra N.C. Hermanos, S.L., declaro improcedente o despedimento do demandante de data de efectos 9 de novembro de 2015 e condeno a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden 37,70 euros diarios ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 207,35 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a N.C. Hermanos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza