Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37175

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente OA-02-2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Nº de expediente: OA-02-2016.

– Obra incluída no Plan de acción social da Deputación Provincial da Coruña -PAS 2015-.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: cubrición de pista polideportiva en Lubre (Bergondo); complementariamente, como obxecto accesorio, a finalidade do contrato enmárcase dentro da política de fomento do emprego que deben adoptar os poderes públicos no ámbito das súas respectivas competencias.

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses): 4 (catro).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamento de licitación:

A: valor estimado: 197.753,76 €; B. IVE (21 %): 41.528,29 €; importe total: A+B: 239.282,05 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: Estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: Bergondo 15165.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrafo 2º do TRLCSP: grupo C; subgrupo 2; categoría 1. Grupo C; subgrupo 8; categoría 2.

8. Condición especial de execución. Contratación para adscrición durante o prazo de execución do contrato dunha persoa en situación de desemprego. Cláusula 18.1 do prego e punto 13 do cadro de características do contrato.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a simplificada sinalada na cláusula 12.1.2 do prego-tipo de claúsulas administrativas particulares que deberán rexer para a contratación mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo) das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP núm. 3, do 7.1.2016).

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2ª. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

3ª. Localidade e código postal: Bergondo 15165.

10. Apertura das ofertas:

a) Data: o quinto día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións. No caso de coincidir en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego-tipo e no cadro de características do contrato.

Bergondo, 10 de agosto de 2016

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa