Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37178

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de asunción de competencias do Concello de Foz en materia de xestión tributaria.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 230, do 7 de outubro de 2009, publícase o anuncio relativo á asunción pola Deputación de Lugo de competencias en materia de xestión tributaria relativo á proposta de reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, aprobada no Pleno da Deputación de Lugo celebrado o día 27 de novembro de 2007, e que foi modificada polos acordos do 28 de outubro de 2008 e do 29 de decembro de 2015, así como os concellos que delegaron as súas competencias nesta materia, co alcance e contido das delegacións.

No BOP número 166, do día 20 de xullo de 2016, publicase o contido da asunción pola Deputación de Lugo de competencias en materia de xestión tributaria do Concello de Foz.

Lugo, 4 de agosto de 2016

O presidente da Deputación Provincial de Lugo

P.D. (Decreto 1357/2016, do 1 de xullo)

Mayra García Bermúdez

Deputada delegada de Economía, Recadación e Facenda

O secretario xeral da Deputación Provincial
de Lugo

P.S.

Manuel Ángel Jove Losada

Secretario accidental da Deputación Provincial
de Lugo