Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de conservación da natureza, de animais domésticos e salvaxes en catividade, de caza e de pesca (expediente CON-CO-0037/2016-V e oito máis).

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados, respectivamente, polo instrutor dos expedientes e pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita no Edificio Administrativo Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 18 de xullo de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CON-CO-0037/2016-V.

Denunciado: Juan Carlos Aboy Castro.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CON-CO-0039/2016-V.

Denunciada: María Sequeiro Fontanillas y otras.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: CON-CO-0047/2015-V.

Denunciado: José Luis Aguilera Llavero.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CON-CO-0048/2015-V.

Denunciado: José Ingnacio Pérez Palomares.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: ANI-CO-0004/2016-V.

Denunciado: Santiago Barreiro Palacios.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: ANI-CO-0011/2016-V.

Denunciada: Natividad Álvarez Cadahía.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: ANI-CO-0013/2016-V.

Denunciada: Jennifer Varela Grandal.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CAZ-CO-0015/2016-V.

Denunciado: José Antonio Salvado Seijo.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: PES-CO-0002/2016-V.

Denunciado: José Francisco Lema Rey.

Acto de notificación: resolución.