Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar as resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal aos interesados (expediente OU-2011/00133 e un máis).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditaron resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 27 de xullo de 2016

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesado

NIF/equivalente

OU-2011/00133

Ramón Álvarez Dacosta

34951645V

OU-2013/00273

Carlos Humberto Rodríguez Haces

45165165L

OU-2013/00273

Diosana Elisa Meléndez

E251670