Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37105

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (275/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 275/2016 deste xulgado do social, seguido a instancia de Rosa María Vázquez García contra Eurográficas Pichel, S.L., e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 171/2016.

Sentenza.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada XAT en función de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 275/2016 sendo parte neste, como demandante/s, Rosa María Vázquez García, asistida polo graduado social Sr. Castro Freire, e, como demandado/s, as empresas Eurográficas Pichel, S.L, e Miguel Ángel Lamela Méndez en calidade de administrador concursal, que non comparecen, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre despedimento e reclamación de cantidade, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decido que admitindo a demanda formulada por Rosa María Vázquez García, declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 25.896,27 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 47,02 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento (4-3-2016) ata a data desta sentenza, máis o importe de 705,30 euros como indemnización por falta de preaviso e de 630,22 euros como salario debido. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o TSXG, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente-causa súa ou beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada XAT en función de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurográficas Pichel, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprezamento.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza