Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración sucesiva de produtos alimenticios conxelados para os hospitais pertencentes a esta xerencia.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Doctor Ulises Romero, nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4º. Teléfono: 982 29 62 29/60 57/60 47.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es (para consultas administrativas) ou victor.rodriguez.verdes@sergas.es (para consultas técnicas).

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: MS-EIL1-16-016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición: subministración sucesiva de produtos alimenticios conxelados para os hospitais pertencentes á Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos (Hospital Universitario Lucus Augusti, Hospital da Costa e Hospital Comarcal de Monforte).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si; véxase a folla de especificacións do prego (5.1).

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: véxase a folla de especificacións do prego (14).

2º. Localidade e código postal: véxase a folla de especificacións do prego (14).

e) Prazo de execución/entrega: véxase a folla de especificacións do prego (7).

f) Admisión de prórroga: si; véxase a folla de especificacións do prego (7.1.3).

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): véxase a folla de especificacións do prego (5.2).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase a folla de especificacións do prego (11).

4. Valor estimado do contrato: oitocentos trece mil cento sesenta e seis euros con sesenta e cinco céntimos (813.166,65€).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: trescentos trinta e oito mil oitocentos dezanove euros con corenta e catro céntimos (338.819,44 €). Importe total: trescentos sesenta e nove mil cento cincuenta euros e vinte e dous céntimos (369.150,22 €).

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: si, 5 %, véxase a folla de especificacións do prego (20.2).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): non precede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): véxase a folla de especificacións do prego (16 e 17).

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: véxase a folla de especificacións do prego (19); 6.9.2016.

No caso de que ese día coincida en sábado ou día inhábil na localidade de rexistro sinalado, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase a folla de especificacións do prego (19).

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Doctor Ulises Romero, nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo, 27003

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es

d) Número previsto de empresas que se pretende invitar para presentaren ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro (4) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesa de apertura dos sobres B.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización da mesa de apertura do sobre B publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 28.7.2016.

12. Outras informacións: véxase a folla de especificacións do prego (28).

Lugo, 28 de xullo de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos