Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de revisión e auditorías de arquitectura técnica nos desenvolvementos de aplicacións da Consellería de Sanidade e organismos dependentes (expediente AB-SER1-16-024).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 6 de setembro de 2016.

d) Número de expediente: AB-SER1-16-024.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de revisión e auditorías de arquitectura técnica nos desenvolvementos de aplicacións da Consellería de Sanidade e organismos dependentes.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 72266000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Plan de traballo

0-35

Metodoloxía de traballo

0-15

criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Horas anuais dun perfil técnico

0-10

4. Valor estimado do contrato: 616.800 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 257.000 euros. Importe total: 310.970 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría b, c ou d.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 5.3.1.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 6 de setembro de 2016.

Se o último día do prazo presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: sí; serán por conta dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de xullo de 2016.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % con fondos Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02; prioridade de investimento 2.3; obxectivo específico 2.3.1; actuación 1.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos