Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36944

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Polvorín.

Faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de arrendamento:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2337.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: privado.

b) Descrición do obxecto: arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Polvorín.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 15 de xaneiro de 2016, 13 de xaneiro de 2016 e 18 de xaneiro de 2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 4.578,16 euros. IVE: 961,41 euros. Importe total: 5.539,57 euros/anuais.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de xuño de 2016.

b) Data de formalización: 20 de xullo de 2016.

c) Adxudicatario: Benito Alonso Diz.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 2.998,21 euros. IVE: 629,63 euros. Importe total: 3.627,84 euros/anuais.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións.

Ourense, 21 de xullo de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde