Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36946

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Casco Vello de Vigo

ANUNCIO de licitación de obras na rúa Subida á Costa número 5.

Aprobados polo Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, na súa sesión do día 28 de xullo de 2016, os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación das obras de rehabilitación de edificio na rúa Subida á Costa, 5, Vigo, faise público o expediente e anúnciase a súa licitación:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Consorcio Casco Vello de Vigo. b) Obtención de documentación e información: 1. Dependencia: Consorcio Casco Vello de Vigo. 2. Domicilio: praza da Princesa, nº 7, 1º. 3. Localidade e código postal: Vigo, 36202. 4. Teléfono: 34 986 44 26 38. 5. Fax: 34 986 44 26 39. 6. Perfil do contratante: http://consorciocascovellovigo.org/category/licitacions-abertas/ 7. Correo electrónico: info@consorciocascovellovigo.org

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: o contrato a que se refire o presente anuncio ten por obxecto a execución das obras recollidas no proxecto aprobado pola Administración contratante para a rehabilitación do inmoble situado na rúa Subida á Costa, 5, Vigo, así como, se é o caso, as derivadas dos proxectos modificados deste, nos casos previstos e na forma establecida nos artigos 219 e 234 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

c) Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

d) Prazo de execución: doce (12) meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 45210000-2.

f) Número de expediente: 95-17/2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións.

4. Valor estimado do contrato: 287.422,24 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 239.518,53 euros (IVE excluído).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: 0 euros (cero euros).

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Véxase prego de cláusulas administrativas particulares. Non procede acreditar clasificación.

8. Presentación de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao da publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Consorcio Casco Vello de Vigo, praza da Princesa nº 7, 1º, 36202 Vigo, os días laborables, de luns a venres, en horario de oficina das 9.00 ás 13.30 horas, así como nos lugares e forma que se indican nas cláusulas 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas particulares. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous (2) meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Apertura dos sobres: véxase o perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos de publicación de anuncios serán por conta do adxudicatario, cun importe máximo de 1.500,00 euros.

Vigo, 1 de agosto de 2016.

O Presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo
P.D. (Resolución do 2.2.2016)
Alfonso M. Ramos Covelo
Xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo