Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36879

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 35/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 35/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Pérez Romano contra Manuel Romano Sampedro, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou a seguinte resolución:

Decreto: 284/2016.

Execución de títulos xudiciais 35/2013.

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 757/2011.

Sobre: despedimento.

Demandante: José Luis Pérez Romano.

Avogado: Víctor Andrés García Dopico.

Demandados: Manuel Romano Sampedro, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decreto.

Letrada da Administración de Xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. José Luis Pérez Romano presentou demanda de execución fronte a Manuel Romano Sampedro, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. Ditouse auto en que se despachaba execución en data 18.4.2013 e auto de extinción da relación laboral en data 12.11.2013 declarando extinguida a relación laboral e condenando o executado por un total de 64.156,22 euros en concepto de principal (12.673,97 euros en concepto de indemnización e a suma de 51.482,25 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 6.415,62 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Por decreto de data 14.1.2016 apróbase a liquidación de xuros por importe de 10.980,48 euros e a taxación de custas por importe de 5.186,95 euros, o que ascende a un total de 16.167,43.

Cuarto. Das actuacións practicadas obtívose a cantidade de 64.156,22 en concepto de principal e de 6.423,78 euros en concepto de xuros e custas, despois de reducirse os xuros e custas reclamados á suma de 9.743,65 euros. Deuse audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a José Luis Pérez Romano tras o resultado negativo do resto de indagacións realizadas.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e de seren infrutuosas, total ou parcialmente, o/a letrado da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Manuel Romano Sampedro en situación de insolvencia parcial por importe de 9.743,65 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto "recurso", seguido do código "31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza". Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, a indicación "recurso" seguida do "31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza". Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva para os efectos de publicidade a declaración de insolvencia de Manuel Romano Sampedro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza