Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36714

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 2 de agosto de 2016 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Confederación de Empresarios da Coruña,

DISPOÑO:

O cesamento de Francisco Santiáñez Orero como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao en representación das organizacións empresariais, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2016

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar