Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 3 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de reintegro de subvencións á promoción do emprego, regulada na Orde do 21 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 105, do 4 de xuño), relativa ao programa TR349C.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación da resolución administrativa no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na sede do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra; rúa Concepción Arenal, 8-2º en Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para teren coñecemento do contido daquelas, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa nos procedementos que se relacionan no dito anexo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interporen recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 3 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: Reintg. 2015/153-5.

Nº de expediente en xestión: TR349C 2014/097-5.

Nome: Automóviles Licar Barro, S.L.

CIF/NIF: B36359776.

Último enderezo coñecido: Fonte de Curro, s/n, 36191 Barro.

Norma reguladora: Orde do 21 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño), pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base sétima, punto 1, do anexo II da mencionada Orde reguladora do 21 de maio de 2014.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 13.4.2016.