Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 8 de xullo de 2016, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02656-O-2015 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-02656-O-2015 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 8 de xullo de 2016

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-02656-O-2015

3387-FKM

Jueguen Lago, Manuel

35462030D

A realización de transportes públicos de mercadorías así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

14.5.2015; 16.17; PO-532; 3,5

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-03176-O-2015

3387-FKM

Jueguen Lago, Manuel

35462030D

A realización de transportes públicos de mercadorías así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

25.5.2015; 16.17; PO-542; 5,5

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-03367-O-2015

1107-DZH

Construcciones y Obras S. Martiño, S.L.

B36302206

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

5.6.2015; 10.16; PO-531; 4,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-03494-O-2015

4663-CZG

Áridos A Molar, S.L.

B36319432

Realizar transporte privado complementario de mercadorías sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte).

18.6.2015; 8.00; A-55; 17,3

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros