Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36444

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2016 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección sobre delegación de facultades.

Tendo en conta a renuncia presentada pola persoa titular da Dirección da Área de Internacionalización do Igape e mentres persista a situación de vacante no dito cargo, co fin de evitar a paralización das actividades do instituto, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Publicar a seguinte delegación de facultades acordada polo Consello de Dirección do Igape na súa reunión do 28 de xullo de 2016:

Primeiro. Deléganse, con efectos desde o 28 de xullo de 2016, no secretario xeral do Igape as seguintes facultades:

– A formulación da retención de crédito e a execución das fases contables A, D, O, K, respecto aos créditos asignados á Area de Internacionalización.

– A instrución dos procedementos administrativos asignados á Área de Internacionalización nas bases reguladoras das axudas, subvencións e outros procedementos, elevar proposta aos órganos competentes para a resolución e resolver o arquivamento dos expedientes, así como o recoñecemento das desistencias e renuncias de dereitos nos casos previstos pola lexislación vixente.

– Elevar ao Consello de Dirección do Igape as propostas de adopción dos acordos que legalmente procedan, no ámbito das funcións e competencias da Área de Internacionalización.

Segundo. Nos casos de ausencia do secretario xeral, o director xeral poderá habilitar expresamente calquera dos directores de Área para que o substitúan nas súas facultades.

Terceiro. A delegación de facultades extinguirase co nomeamento da persoa que exerza as funcións da dirección da área de Internacionalización.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica