Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1013/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ramón Jamardo Bascoy contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fogasa, Juan Manuel Capella Pérez, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 1013/2012 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Ramón Jamardo Bascoy, María José Lorenzo Gómez, Fogasa, Juan Manuel Capella Pérez, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 19.9.2016 ás 13.00 horas, en planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E, para que sirva de citación a Hipescar, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza