Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36295

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (539/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Marie Lacassagne contra Comarca 54, S.C., Enrique Taboada Fidalgo, Lois Taboada Fidalgo e José Antonio Taboada Fidalgo, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 539/2013, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Enrique Taboada Fidalgo, Lois Taboada Fidalgo, José Antonio Taboada Fidalgo e Comarca 54, S.C., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 19 de setembro de 2016, ás 13.15 horas, na planta baixa, sala 1, edificio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo; poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles que a parte demandante solicitou como probas:

Ao outrosí segundo, interrogatorio de parte de Lois Taboada Fidalgo e José Antonio Taboada Fidalgo, procede o solicitado conforme o artigo 90.3 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Para tal efecto, fágaselle saber á parte demandada que deberá comparecer persoalmente ou a través de persoa con poder suficiente e, no caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, advertíndoa de que, no caso de non comparecer, se lle poderá impor a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e de que, se non comparece sen xusta causa á primeira citación, se rexeitase declarar ou persistise en non responder afirmativa ou negativamente, malia o apercibimento que se lle fixese, poderán considerarse recoñecidos como certos, na sentenza, os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por medio dun terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá presentar no xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio e xustificar debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Ao outrosí segundo, documental, procede o solicitado conforme o artigo 90.2 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Requírase a demandada, Comarca 54, S.C. para que achegue os documentos solicitados no escrito de demanda, isto é, carta de despedimento, nóminas e boletíns de cotización á Seguridade Social desde xullo de 2012 ata febreiro de 2013 incluídos, así como as escrituras de constitución da sociedade civil, coa advertencia de que, de non o facer, se poderán ter por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lle sirva de citación a Comarca 54, S.C., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza