Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36281

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (830/2015).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que neste xulgado se tramita divorcio contencioso 830/2015, por instancia de Vicente Fernández Silva contra María Luisa Domínguez Cadavid, no cal se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza de divorcio.

Sentenza nº 768/2016.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 9 de xuño de 2016.

Vistos estes autos 830/2015 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. López Calvete en nome e representación de Vicente Fernández Silva, como demandante, asistido pola letrada Sra. López-Guerrero, contra María Luisa Domínguez Cadavid, declarada en rebeldía.

Resolvo:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Vicente Fernández Silva e María Luisa Domínguez Cadavid con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se lles impoñen as custas deste procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da Lei de axuizamento civil (LAC), indícase que contra esta resolución cabe interpor, no prazo de vinte (20) días, recurso de apelación (artigo 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal.

Débese constituír o depósito legalmente establecido.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª».

Para que así conste e lle sirva de cédula de notificación para a demandada María Luisa Domínguez Cadavid, en paradoiro descoñecido, expido este edicto.

Ourense, 9 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza