Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36209

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 20 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego.

BDNS (Identif.): 314029.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos para cada tipo de axuda.

Segundo. Obxecto

Promover a integración das persoas con discapacidade, a través do Programa de integración laboral das persoas con discapacidade, nos centros especiais de emprego de Galicia (capítulo II da orde).

Terceiro. Tipos de axudas

a) Para proxectos de creación e ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego:

– Axudas para asistencia técnica.

– Subvención financeira.

– Subvención en función do investimento en activo fixo.

b) Para proxectos de mantemento de centros especiais de emprego:

– Subvención para a adaptación de postos de traballo.

– Axudas para asistencia técnica.

Cuarto. Bases reguladoras

Orde do 20 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Quinto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse setecentos setenta mil euros (770.000 €).

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2016.

2. As solicitudes de subvención para a adaptación de postos de traballo e de asistencia técnica presentaranse con anterioridade á realización da adaptación ou á súa realización. Non obstante, as solicitudes polas adaptacións de postos de traballo e polas asistencias técnicas realizadas entre o 1 de outubro de 2015 e a data de publicación desta orde poderán presentarse no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria