Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36235

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2016 pola que se amplía o crédito para o ano 2016 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos para o apoio aos investimentos para uso público en infraestrutura recreativa, información turística e infraestrutura turística a pequena escala, mediante o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Con data do 29 de febreiro de 2016 publicouse no DOG núm. 40 a Resolución do 19 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos para o apoio aos investimentos para uso público en infraestrutura recreativa, información turística e infraestrutura turística a pequena escala, mediante o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2016.

O artigo 3.1 das bases reguladoras dispón que «As subvencións obxecto desta resolución imputaranse cun crédito de 1.333.333 € á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, proxecto 2016 00002, cofinanciada nun 75 % por fondos Feader, 7,5 % con fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e nun 17,5 % de fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes que poderán comportar a subvención oportuna, de acordo coa orde de incoación dos expedientes.

Nestes casos o órgano concedente deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios nos que publicou a convocatoria sen que esta publicación implique unha apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo dos prazos para resolver».

A incorporación de fondos adicionais na aplicación orzamentaria 04.A2.761A 760.0 procedentes da reasignación de créditos do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), permiten a ampliación dos fondos inicialmente previstos, sendo, ademais, necesaria esta ampliación á vista das solicitudes de axuda presentadas.

Polo exposto e en virtude das facultades conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación orzamentaria que se establece na Resolución do 19 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos para o apoio aos investimentos para uso público en infraestrutura recreativa, información turística e infraestrutura turística a pequena escala, mediante o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2016, nos seguintes importes e aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

Concepto orzamentario

Código do proxecto

Taxa cofinanciamento

Anualidade 2016

Total ampliación

04.A2.761A.760.0

2016 00002

Feader

75 %

1.000.000

1.333.333,33 €

Fondos propios

17,5 %

233.333,33

Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

7,5 %

100.000

Conforme o exposto, a dotación orzamentaria total para o financiamento desta resolución é a seguinte:

Concepto orzamentario

Código
do proxecto

Taxa cofinaciamento

Anualidade 2016

Total

04.A2.761A.760.0

2016 00002

Feader

75 %

1.999.999,75

2.666.666,33 €

Fondos propios

17,5 %

466.666,61

Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

7,5 %

199.999,97

Segundo. Esta modificación orzamentaria non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Resolución do 29 de febreiro de 2016, segundo se establece no artigo 3.1 das bases reguladoras aprobadas por esta.

Terceiro. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Cuarto. A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia