Por Acordo da Xunta de Goberno Local, do 21 de xullo de 2016, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 28/16).
2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de imparticion de accións de reforzo educativo.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.
4. Orzamento base de licitación: 16.200 € (exento de IVE), polo prazo dun ano (con posibilidade dunha prórroga).
5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).
7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.
8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.
9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es
O Porriño, 28 de xullo de 2016
Eva García de la Torre
Alcaldesa