Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36053

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio As Mariñas

ANUNCIO de aprobación inicial dos estatutos da Mancomunidade As Mariñas.

Na asemblea de concelleiros que tivo lugar o pasado 29 de xullo de 2016, os concelleiros integrantes de todos os municipios que conforman o Consorcio acordaron aprobar inicialmente o texto de estatutos da Mancomunidade As Mariñas.

De conformidade co disposto no artigo 140 da Lei de Administración local de Galicia, ábrese un prazo de información pública durante un mes a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio (no BOP ou no DOG), co gallo de que os interesados poidan examinar os estatutos e poidan formular as alegacións que xulguen oportunas.

Bergondo, 29 de xullo de 2016

José Antonio Santiso Miramontes
Presidente da Comisión Xestora da Mancomunidade As Mariñas