Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36055

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración dun sistema integral de xestión electrónica de procedementos administrativos para a Deputación e os seus entes públicos vinculados, dependentes ou adscritos (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social, Consorcio Provincial do Servizo contra Incendios e de Salvamento e Consorcio de Augas de Valdeorras), así como para os concellos da provincia menores de 20.000 habitantes.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación da subministración dun sistema integral de xestión electrónica de procedementos administrativos para a Deputación Provincial de Ourense e os seus entes públicos vinculados, dependentes ou adscritos (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social, Consorcio Provincial do Servizo Contra Incendios e de Salvamento e Consorcio de Augas de Valdeorras), así como para os concellos da provincia menores de 20.000 habitantes, cun gasto autorizado de 5.007.887,50 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 22 de setembro de 2016, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación (www.depourense.es). As solicitudes de información poderanse formular telefonicamente 988 31 76 23 ante a Secretaría Xeral.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso especial en materia de contratación, ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, no prazo de quince días hábiles consonte co disposto no artigo 44.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 2 de agosto de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense