Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36056

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2016 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a contratación dun servizo de cátering nos centros de día, fogares residenciais e vivendas comunitarias (lotes 1, 2, 3 e 4) (contratación documentalmente simplificada).

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/001/16/SE-CAT.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: contratación dun servizo de cátering nos centros de día, fogares residenciais e vivendas comunitarias dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (lotes 1, 2, 3 e 4).

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: dous (2) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento de licitación.

Lote 1: 2.238.041,52 €.

Lote 2: 1.692.525,49 €.

Lote 3: 2.293.613,15 €.

Lote 4: 1.782.259,69 €.

Importe total: 8.006.439,85 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación para cada lote).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/da contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

c) Solvencia técnica: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do día 12 de setembro de 2016.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra R da folla de especificacións. Debe figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de se tratar de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase o número de rexistro no exterior do sobre.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º. Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32 baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver o prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32 baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio, o 19 de setembro de 2016, ás 10.00 horas; e a do sobre C, na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Outras informacións.

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil do contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil do contratante.

– Limitación do número de lotes que se van adxudicar a un mesmo licitador: máximo 3 lotes por licitador.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.7.2016 e corrección de erros enviada o 29.7.2016.

12. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar