Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de demolición de nave industrial e vivenda unifamiliar acaroada na estrada comarcal de San Cristovo de Regodeigón a Carballeda, no termo municipal de Ribadavia.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Servizo de Administración e Xestión.

c) Número de expediente: 107B 2004/063-0 e IU3/49/2010.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/licitacion?N=23458

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: demolición de nave industrial e vivenda unifamiliar acaroada na estrada comarcal de San Cristovo de Regodeigón a Carballeda, no termo municipal de Ribadavia.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 205, do 27 de outubro de 2015.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 84.818,22 €. Importe total: 102.630,05 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14 de xuño de 2016.

b) Data de formalización: 30 de xuño de 2016.

c) Adxudicataria: Balgón Obras y Servicios, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 50.890,93 €. Importe total: 61.578,03 €.

e) Prazo de execución: vinte (20) días naturais.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística