Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Gemma Canal Pérez.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 163/2016-IN (procedemento ordinario), interposto por Gemma Canal Pérez contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 20 de maio de 2015, que desestima o recurso de alzada interposto contra a Resolución do 6 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado por Resolución do 30 de abril de 2013, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes definitivamente seleccionados/as (DOG núm. 50, do 13 de marzo). (Especialidade: Oftalmoloxía).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos