Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 10 de agosto de 2016 Páx. 35688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1044/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 1044/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Unika Proyectos e Obras, S.A.U. contra a TXSS, o INSS, Amandio Jose da Silva Soares, UTE Bigarrena, Construcciones Galdiano, S.A., Altuna y Uria, S.A., Construcciones Moyua, S.A., Construcciones Amenabar, S.A., sobre seguridade social, ditouse sentenza cuxa resolución di así:

«Resolución

Que, desestimando a demanda interposta por instancia da entidade Unika Proyectos e Obras, S.A.U., representada e asistida pola letrada Sra. González Ferro, sobre recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social (en diante, o INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (en diante, TXSS), debidamente representada e asistida pola letrada do INSS/TXSS Sra. Goyanes Viviani, contra a UTE Bigarrena, a entidade Construcciones Moyua, S.A. e a entidade Construcciones Amenabar, S.A., representadas e asistidas polo letrado Sr. Vázquez Cid, contra as entidades Construcciones Galdiano, S.A., en situación de concurso de acredores sendo o seu administrador concursal Zubizarreta Procedimientos Concursales, S.L. e Altuna y Uria, S.A., que non comparecen neste acto malia estaren debidamente citadas, e contra Amandio Jose da Silva Soares, representado pola procuradora Sra. Vieites León e asistido pola letrada Sra. Rodríguez Pazos, debo confirmar a resolución do INSS sobre recarga de prestacións e absolver as demandadas das pretensións de condena contidas na demanda.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Santander a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 social suplicación” e acreditar mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso e, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Galdiano, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza