Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 10 de agosto de 2016 Páx. 35712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 21 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente de reclamación eléctrica IN635A 2016/89-3.

Notifícaselles aos interesados, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o trámite de audiencia no expediente de reclamación eléctrica, que a continuación se relaciona, anexo, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentaren ante a xefatura territorial as alegacións que consideren pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición dos interesados na Xefatura Territorial de Ourense; rúa Curros Enríquez, 1-4º.

Ourense, 21 de xullo de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

Domicilio

IN635A 2016/89-3

CCPP Grajes da Estación 19, 21

Avda. da Estación, 19;

32300 O Barco de Valdeorras, Ourense