Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 10 de agosto de 2016 Páx. 35771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de agosto de 2016 para facer pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do ensanche e mellora da estrada de Ordes a Cerceda entre os puntos quilométricos 0+000 e 7+000 (clave AC/15/116.10).

Con data do 29 de xullo de 2016, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Orde do 4 de febreiro de 2013; DOG do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 8 de xuño de 2016 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 108) o Decreto 62/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade de varios treitos de estradas autonómicas e locais entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ordes.

Segundo. Con data do 3 de xuño de 2016 aprobouse provisionalmente, por resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, o proxecto de construción: ensanche e mellora da estrada de Ordes a Cerceda entre os pp.qq. 0+000 e 7+000, de clave AC/15/116.10.

Terceiro. Con data do 17 de xuño de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 115) o Anuncio do 9 de xuño de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción: ensanche e mellora da estrada de Ordes a Cerceda entre os pp.qq. 0+000 e 7+000, de clave AC/15/116.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Cuarto. Durante todo o trámite de información pública presentáronse alegacións e informes que foron remitidos á dirección do estudo para a súa valoración.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

Por todo o exposto e tras a análise efectuada das alegacións e informes presentados polos organismos oficiais competentes,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción: ensanche e mellora da estrada de Ordes a Cerceda entre os pp.qq. 0+000 e 7+000, de clave AC/15/116.10, mantendo o trazado proposto como definitivo.

Modificarase o proxecto de construción para ter en conta as observacións e modificacións solicitadas, relativas á relación de bens e dereitos afectados, así como a reposición dos servizos que se visen afectados polas obras.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Ordes deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no que se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas