Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, para o servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal (dous lotes, expediente 32/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos Centros de Formación e Experimentación Agroforestal dependentes da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal.

c) División por lotes e número: si, dous. Lote 1: CFEA de Sergude, sito no lugar de Quián, s/n, no concello de Boqueixón (A Coruña) e lote 2: CFEA de Lourizán, sito na rúa Igrexa, nº 19, no concello de Pontevedra.

d) Prazo de execución/entrega: desde o 15 de setembro de 2016, ou desde a data de sinatura do contrato, se é posterior, ata o 23 de xuño de 2017.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 79714000-2 e 98341130-5.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: mellor oferta económica.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 46.255,00 €. IVE (21 %): 9.713,56 €. Importe total: 55.968,56 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 92.510 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo a alínea H da folla de especificacións (admítese a clasificación: grupo L, subgrupo 6, categoría A (ou ben grupo L, subgrupo 3, categoría 1 se a obtivo despois da entrada en vigor do Real decreto 773/2015) e no grupo M, subgrupo 2, categoría A (ou ben grupo M, subgrupo 2, categoría 1).

7. Garantías exixidas. Definitiva: lote 1: 1.156,37 €; lote 2: 1.156,37 € (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37/981 99 93 88 (consultas administrativas) 981 54 66 79 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=50823.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15 días) naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico arriba sinalado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 13.00 horas do día 1 de setembro de 2016, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural