Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 19 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación de resolución dun expediente tramitado por esta entidade (expediente 2012/242-36).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que figura nesta xefatura territorial.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables e en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº expediente: 2012/242-36.

Interesada: Johanna Alejandra Valencia Morales.

Enderezo: rúa Salamanca, bloque B 5, apartamento 404, Barrio Cuba, Pereira, Colombia.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 11 de decembro de 2015.

Vigo, 19 de xullo de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo