Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35458

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Sección de Obstetricia-Área de Fisiopatoloxía Obstétrica e Diagnóstico Prenatal, convocada mediante Resolución do 14 de xaneiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 9 de febreiro).

Unha vez convocada por Resolución do 14 de xaneiro de 2016 (DOG nº 26, do 9 de febreiro), a provisión do posto de xefe/a da Sección de Obstetricia-Área de Fisiopatoloxía Obstétrica e Diagnóstico Prenatal, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se establece a estrutura organizativa da Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. A convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Sección de Obstetricia-Área de Fisiopatoloxía Obstétrica e Diagnóstico Prenatal da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada por Resolución do 14 de xaneiro de 2016 (DOG nº 26, do 9 de febreiro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a candidata nomeada será avaliada antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. A aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2016

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto: xefe/a da Sección de Obstetricia-Área de Fisiopatoloxía Obstétricia e Diagnóstico Prenatal.

Nome e apelidos: María Guadalupe Alfonsín Somoza.

DNI: (*) *****644C.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.