Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35460

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de persoal licenciado sanitario.

Convocada a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, mediante a Resolución do 19 de maio de 2016, publicada en DOG do 16 de xuño de 2016, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, esta directora xerente, en exercicio de competencia delegada no artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Adxudicar o postos ao solicitante que se indica no anexo desta resolución.

O adxudicatario deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos 3 días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a publicación, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Ourense, 15 de xullo de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto de traballo: xefe de Servizo de Atención Primaria (SAP) de Celanova (Ourense).

Adxudicatario: Roberto Pascua García, DNI:*****249C.