Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica o acordo de cambio de cualificación xurídica no expediente SAN-LU-0002/2016-BA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de cambio de cualificación xurídica no expediente SAN-LU-0002/2016-BA.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, á persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra este acordo, e atendendo ao previsto no artigo 20.3 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, a persoa interesada poderá presentar as alegacións que considere convenientes no prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Durante este mesmo prazo poderá obter copia dos documentos integrantes do expediente. Para iso, poderá dirixirse á Subdirección Xeral de Apoio Xurídico da Consellería do Medio Rural, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.

Transcorrido o prazo sinalado, o expediente será resolto pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, en función da cualificación en virtude do disposto no apartado b) do artigo 3 do Decreto 2/2010, do 8 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes e o procedemento para a imposición de sancións en materias do medio rural en relación co disposto no Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0002/2016-BA.

Interesado: Jesús Albino Tapia Rúa.

Acto de notificación: acordo de cambio de cualificación xurídica.

Último enderezo coñecido: Vigo-Santiago, 27752 Mondoñedo, Lugo.