Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o inicio do trámite de audiencia no expediente 2005/125-32 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común notifícaselle o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada que se indica a continuación, no expediente instruído conforme o disposto no artigo 176 bis do Código civil, por descoñecerse nesta xefatura territorial o seu último domicilio.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo. Teléfono: 988 38 65 84), onde, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o expediente e presentar as alegacións e documentación que considere oportunas, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por realizado o trámite.

Expediente número: 2005/125-32 e 2010/177-32.

Persoa interesada: Salomé Rodríguez Pichel.

Documento de identificación: 76733767V.

Enderezo actual: descoñecido.

Ourense, 18 de xullo de 2016

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense