Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35176

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 12 de xullo de 2016 pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería, para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

BDNS (Identif.): 313878

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral durante o curso 2016/17 na Comunidade Autónoma de Galicia e que estea cursando 6º curso de educación primaria ou 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases de convocatoria e selección de centros docentes non universitarios para participar en actividades de inmersión en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o ano 2016.

Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en que se impartan ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde os centros privados concertados nos cales se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 12 de xullo de 2016 pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 145.200 euros.

Número de prazas: 300.

Importe individual: 484 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 16 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria