Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de xullo de 2016 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente IU2/75/2012).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 16 de maio de 2016, unha resolución pola que se lle impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/75/2012 a Diego Rosendo Regueira como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 8 de abril de 2013, que ordenaba a demolición das obras de construción dunha vivenda unifamiliar de 61 m2, de superficie de planta baixa, dunha grella cuberta de 6 m2 de superficie e instalación dun contenedor metálico de 6 m2, promovidas por Carmen Rosendo Conde, nas parcelas 36 e 55 do polígono 31, con referencia catastral 36051A031000360000FZ e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, no Casal, Noalla, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela. Para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

En caso de non exerceren o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística