Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2015/500-1 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se poidan practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución recaída nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles de que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 10 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2015/500-1.

Acta inf.: I152015000109226.

Empresa: Barbera Urbana, S.L.

NIF: B12598629.

Concello: Castellón de la Plana (Castellón).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data da resolución: 5 de febreiro de 2016.

2. Expediente: RL 2015/610-1.

Acta inf.: I152015000138225.

Empresa: José López Freijomil.

NIF: 02879828K.

Concello: Pontedeume (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 11 de maio de 2016.

3. Expediente: RL 2015/616-1.

Acta inf.: I152015000144083.

Empresa: Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L.

NIF: B94093168.

Concello: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 13 de maio de 2016.

4. Expediente: RL 2016/19-1.

Acta inf.: I152015000136710.

Empresa: Kreta Expansión, S.L.

NIF: B70370481.

Concello: Carral (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 9 de maio de 2016.

5. Expediente: RL 2016/20-1.

Acta inf.: I152015000137821.

Empresa: Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A.

NIF: A15922198.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 11 de maio de 2016.

6. Expediente: RL 2016/21-1.

Acta inf.: I152015000140043.

Empresa: Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, SA.

NIF: A15922198.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 11 de maio de 2016.

7. Expediente: RL 2016/53-1.

Acta inf.: I152015000144184.

Empresa: Depco Medios, SL.

NIF: B15609936.

Concello: Ferrol (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 13 de maio de 2016.