Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2016 pola que se fai pública a declaración de deserto do contrato de servizo de redacción do proxecto básico e de execución (PBE) e a dirección da obra (DO) para a conservación e posta en valor do conxunto monumental do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes: igrexa, espazos de uso público, no concello de Sobrado, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixo 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1 (contratación documentalmente simplificada).

missing image file

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a declaración de deserto do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26322

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 86, do 6 de maio de 2016.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

Descrición: servizo de redacción do proxecto básico e de execución (PBE) e a dirección da obra (DO) para a conservación e posta en valor no conxunto monumental do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes: igrexa, espazos de uso público, no concello de Sobrado (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixo 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 63.255,74 €, IVE excluído.

5. Resolución de declaración de deserto.

a) Data da resolución: 15 de xullo de 2016.

b) Motivo: exclusión do procedemento de todas as empresas licitadoras.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria