Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34638

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (172/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 172/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ángel Manuel Varela Rodríguez contra a empresa Tomé Asesores y Consulting, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza:

A Coruña, 12 de maio de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 172/2016 sendo parte neste, dun lado como demandante Ángel Varela Rodríguez, asistido polo letrado Sergio Fraga Mandián e, como demandado, entidade Tomé Asesores Y Consulting, S.L., non comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome de S.M. O Rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, en que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo:

Que estimando a demanda interposta por Ángel Manuel Varela Rodríguez contra a empresa Tomé Asesores y Consulting, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, condenando a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 37.987,60 €. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden 58,42 €/día.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tomé Asesores y Consulting, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

A Coruña, 11 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza