Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0104/2016-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0104/2016-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

A Coruña, 18 de xullo de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0104/2016-PPM.

Persoa interesada: Cristian Popa Calín.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa 9 de Agosto, 73, Ribeira.

Expediente: PSC-CO-0120/2016-PPM.

Persoa interesada: Jesús Ángel Cabezón Bermúdez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Tellerías, 39-2º, Fene.

Expediente: PSC-CO-0180/2016-PPM.

Persoa interesada: Diego del Campo López.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Marconi, 4-1º esq., A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0198/2016-PPM.

Persoa interesada: José Luis Pérez Naveiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Campos, 24, O Grove.

Expediente: PSC-CO-0623/2014-PRE.

Persoa interesada: Manuel Bermo García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida A Coruña, 103, Ribeira.