Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, dun servizo para o deseño, montaxe, desmontaxe e atención dun posto na feira Iberflora 2016, que terá lugar en Valencia do 28 ao 30 de setembro (expediente 27/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para deseño, montaxe, desmontaxe e atención dun posto da Consellería do Medio Rural na feira Iberflora 2016.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: a duración do servizo estenderase desde o día seguinte ao da sinatura do contrato ata os cinco días seguintes á finalización do certame.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: de xuízo de valor e de aplicación de fórmulas, recollidos na epígrafe Ñ do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 57.851,24 €. IVE (21 %): 12.148,76 €. Importe total: 70.000,00 €.

Valor estimado: 57.851,24 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe, mais se conta coa clasificación: grupo L, subgrupo 5, categoría A (ou grupo L, subgrupo 5, categoría 1) está exento de presentar solvencias.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas: definitiva, polo 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37/881 99 93 88 (consultas administrativas) 981 54 00 62/ 981 54 00 67 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=55000

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15 días) naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico enriba sinalado.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural