Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 12 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo do inicio de procedemento de reintegro das axudas ao Programa das iniciativas emprendedoras de emprego (I+E+E), reguladas na Orde do 19 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 22 de agosto), relativo ao expediente TR340K 2013/57-2 e un máis.

Intentada a notificación do acordo da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo polo que se inicia o procedemento de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido do dito acto como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 12 de abril de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR340K 2013/57-2.

Nome: Antaris Servicios, S.L.

DNI/NIF: B27446020.

Último enderezo coñecido: rolda do Carme, 69, entresollado F, 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter na empresa a persoa pola cal se concedeu a subvención no período de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 20, punto 2, da Orde do 19 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro ditado o 31 de marzo de 2016 pola xefa territorial da Consellería Economía, Emprego e Industria de Lugo.

Nº de expediente: TR340K 2013/60-2.