Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación e trámite ordinario da licitación, para a contratación do servizo, suxeito a regulación harmonizada, de asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución do tanque de tormentas en Santa Cruz, Oleiros (A Coruña), cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (clave OH.915.1110).

missing image file

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Augas de Galicia.

2º. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4º. Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5º. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6º. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augas.cmati.xunta.es/

8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.915.1110.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución do tanque de tormentas en Santa Cruz, Oleiros (A Coruña).

c) Lugar de execución: Oleiros (A Coruña).

d) Prazo de execución: vinte (20) meses.

e) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga ou prórrogas contractuais ata un máximo de oito (8) meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enumérase e detállase coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil de contratante.

4. Valor estimado do contrato: 369.910,30 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e da prórroga ou prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 264.221,64 euros. Importe total: 319.708,18 euros.

6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia: a solvencia económica e financeira acreditarase coa cifra anual de negocios e a técnica ou profesional coa relación dos servizos realizados cun importe mínimo, para cada unha delas, de 52.844,33 euros nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1 do prego administrativo.

b) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 23 de setembro de 2016.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas).

2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, a comprobación e a valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizaranse conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.

d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 13 de outubro de 2016 ás 9.00 horas e a do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou por calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil de contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea e da súa publicación no perfil de contratante: 27 de xullo de 2016.

12. Outras informacións.

a) Esta actuación cofinanciaraa a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2. «o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO)) «reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Unha maneira de facer Europa.

b) Modificacións previstas: prevé no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) As ofertas tamén se poderán presentar por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante fax ou telegrama, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, xunto coa tradución oficial.

e) Forma xurídica de agrupación de empresas, de ser o caso: unión de empresarios.

f) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil de contratante.

h) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil de contratante.

i) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2016

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia