Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, relativo a deseño, promoción e realización da segunda edición da gala show cooking Mellor cociñeiro de tapas por Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 11 de febreiro de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: deseño, promoción e realización da segunda edición da gala show cooking Mellor cociñeiro de tapas por Galicia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 37.190,08 €.

IVE (21 %): 7.809,92 €.

Importe total IVE incluído: 45.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9 de maio de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 16 de maio de 2016.

c) Adxudicataria: Cyex Congresos, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe sen IVE: 35.748,90 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia