Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34526

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porqueira

CORRECCION de erros. Anuncio da aprobación definitiva do plan dotacional en Forxa.

Visto o anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 36, do 23 de febreiro de 2016, páxina 6743, compróbase que, por erro, se citaba a «aprobación definitiva», cando debería pór «aprobación provisional», quedando o anuncio redactado da seguinte forma:

«Por acordo do Pleno do 8 de xaneiro de 2016, en sesión ordinaria, aprobouse provisionalmente o Plan especial para protexer, rehabilitar e mellorar o medio rural no ámbito do lugar de Forxa, o que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia».

Porqueira, 7 de xuño de 2016

Susana Vázquez Dorado
Alcaldesa