Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34522

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación da prestación do servizo de mantemento das illas ecolóxicas dos contedores soterrados.

Aprobado por Resolución da Alcaldía do 8 de xullo de 2016 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación da prestación de servizos de mantemento das illas ecolóxicas de contedores soterrados do Concello da Guarda, que se expoñen ao público durante 8 días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, e a licitación aprazarase se resulta necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora: Concello da Guarda.

Praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

Correo electrónico: alcaldia@aguarda.es

Perfil do contratante municipal: www.aguarda.es

Obxecto do contrato: prestación de servizos de mantemento das illas ecolóxicas de contedores soterrados do Concello da Guarda.

Prazo de duración: dous (2) anos, prorrogables un (1) ano máis.

Tipo de licitación: 11.000 euros, IVE incluido (respecto do que se admiten baixas).

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantías:

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: o adxudicatario, como requisito previo e necesario para a formalización do contrato, deberá constituír a garantía definitiva a que se refire o artigo 95 do TRLCSP, por importe equivalente ao 5 % do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, por medio de calquera das formas previstas no artigo 96 e segundo o estipulado no artigo 97 do TRLCSP en canto ao réxime das garantías prestadas por terceiros.

Exame do expediente: os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG, na forma sinalada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas técnicas. Se o último día de presentación de ofertas é inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a cualificación da documentación xeral pola mesa de contratación terá lugar no Concello da Guarda ás 9.00 horas do terceiro día hábil seguinte ao que termine o prazo para a presentación de proposicións. Ás 9.00 horas do sexto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas, procederá a mesa de contratación en acto público á apertura das ofertas económicas e técnicas presentadas. Para estes efectos, se tales días son sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Guarda, 8 de xullo de 2016

Antonio Lomba Baz
Alcalde