Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34399

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral fixo (promoción interna).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 126, do 5 de xullo, publícase unha modificación das bases xerais para a dotación de prazas de persoal funcionario e laboral correspondentes á oferta de emprego de 2015. Estas bases foron publicadas no BOP núm. 105, do 3 de xuño de 2016. O prazo de presentación de instancias para a convocatoria da praza de persoal laboral fixo é de vinte días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o que se fai público para xeral coñecemento.

As Pontes de García Rodríguez, 6 de xullo de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 1251/2016, do 3 de xullo)
José Alén Álvarez
Concelleiro delegado da Área de Réxime Interno e Recursos Humanos