Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34397

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación de autorización administrativa para a instalación de máquinas expendedoras automáticas en edificios municipais do concello.

Mediante resolución de Alcaldía nº 616/2016 de 15/07 procedeuse a aprobar a licitación e pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas para a licitación pública da autorización administrativa para a instalación de máquinas expendedoras automáticas de bebidas e comida en edificios municipais do Concello de Oroso.

As características principais da licitación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora.

• Organismo: Concello de Oroso.

• Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

• Duración da autorización: 2 anos, prorrogables por outros dous.

• Tramitación, procedemento e forma de adjudicación.

• Tramitación: ordinaria.

• Procedemento: aberto.

• Forma: varios criterios de adxudicación.

2. Canon base de licitación: 200 euros anuais por máquina.

3. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 50 % canon ofertado.

4. Obtención de documentación e información.

a) Na Casa do Concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Teléfono: 981 69 14 78, fax: 981 69 17 86.

c) Data límite de obtención de documentación: ata dous (2) días naturais antes do remate do prazo para presentación de proposicións.

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas: quince (15) días hábiles a partir do seguinte día desde a derradeira publicación do presente anuncio no BOP, DOG ou perfil do contratante.

b) Documentación que hai que presentar: véxase artigo 8 do prego.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

6. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ata un límite de 1.000 euros.

Oroso, 21 de xullo de 2016

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde presidente